Saturday 18 de May de 2024

Concerto da banda municipal con Sito Sedes, este domingo na praza da Rabadeira


Este domingo 21 de maio, ás 13 horas, celebrarase na praza da Rabadeira de Oleiros un concerto da Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros con Sito Sedes, lendario vocalista da orquestra Los Satélites. As persoas asistentes poderán gozar de pezas tan coñecidas como Perfidia, Sabor a mi ou Triste papel.